CHÁMANOS: 881 965 692   ou   ENVÍANOS UN EMAIL: ong@ecosdosur.org

XV Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade

«Combatindo as redes de ODIO: Os desafíos dos DDHH na era de internet»

PROGRAMA E DOCUMENTACIÓN XORNADAS 2017

XOVES, 26 DE OUTUBRO

9:00 h. RECEPCIÓN e ENTREGA de documentación.

9:30 h. RELATORIO. Os nativos dixitais non existen nin se lles espera. D. Javier Pedreira, ‘Wicho’, responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses, co-creador de Microsiervos e coordinador do libro Os nativos dixitais non existen.

10:30 h. RELATORIO. Online/offline: Hai atallos para loitar contra a violencia?. Dna. Leila Nachawati Rego, profesora de Comunicación, activista polos Dereitos Humanos e experta en Oriente Medio.

11:30 h. PAUSA – CAFÉ.

12:00 h. RELATORIO MARCO. O traballo en rede da cidadanía, unha estratexia a favor da convivencia intercultural. Dna. Elena Caballé Roselló, co-fundadora e directora técnica de Institut Diversitas. Membro da Comisión de Estratexia da Xarxa Barcelona Antirumors. .

13:30 h. ACTO DE PRESENTACIÓN, a cargo de D. Carlos Calvelo Martínez, alcalde de Arteixo; Dna. Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia; Dna. Inés Ramos Álvarez, concelleira de Servizos Sociais e da Área de Benestar Comunitario do Concello de Arteixo, e Dna. Saray Durán Gato, directora da área técnica da ONG Ecos do Sur.

14:00 h. XANTAR INTERCULTURAL e CERIMONIA DO TÉ.

16:00 h. MESA REDONDA. Internet e os límites da liberdade de expresión.

Dna. Antía Fernández, activista social e ciberactivista, ex xogadora de voleibol no CDPF, voluntaria de CRE e Protección Civil.

Dna. Beatriz Calavía, avogada experta en ciberdelitos.

D. Marcos Mosquera, representante do Colexio de Xornalistas na demarcación da Coruña. Redactor xefe de La Opinión A Coruña.

17:30. h. OBRADOIRO DE INNOVACIÓN SOCIAL. Ciberactivismo. Estratexias para combater o discurso do odio en Internet. D. Edoardo Bazzaco, de SOS Racisme Catalunya e Dna. Ana García, do Institut de Drets Humans de Catalunya.

19:30. h. ACTO DE CLAUSURA. Espectáculo de artes escénicas e peche.

VENRES, 27 DE OUTUBRO

Sesións didácticas para o alumnado dos IES Manuel Murguía e Pastoriza.

Fake News, No Good News, uhna formación sobre consumo crítico e responsable da información que chega a través de Internet. ONG Ecos do Sur.

TRÍPTICO E CARTEL DAS XORNADAS