CHÁMANOS: 881 965 692   ou   ENVÍANOS UN EMAIL: ong@ecosdosur.org

INFORMACIÓN XORNADAS 2017

PRESENTACIÓN

Internet é a nova area na que se dirimen os problemas sociais, proxéctanse cuestións á axenda mediática e política, mobilízase a opinión pública. É tamén, admitámolo, o campo hiperabonado para a intolerancia, o acoso, o racismo, o odio e o fanatismo. Estamos a asistir ao nacemento de novos delitos e á apertura de novas fendas na cohesión social. A retroalimentación entre odio na rúa – odio na internet/discurso do odio – delitos de odio está de perigosa actualidade, en tendencia ascendente. As actitudes racistas, machistas e intolerantes atopan o seu caldo de cultivo na contorna online: anonimato, distancia e viralidade alimentan unha paisaxe dixital que ataca a convivencia integradora e o respecto á diversidade.

    • Por que a intolerancia está sobre representada na internet?
    • Debe ter límites a liberdade de expresión?
    • Cal é o rol dos bulos e as fake news nos posicionamentos da opinión pública?
    • Como se está utilizando o innegable poder mobilizador do odio para atacar a convivencia?
    • Como podemos frear o seu impacto, para protexernos a nós e á sociedade?
    • Que estratexias innovadoras están a xurdir dende o ciberactivismo?

Nas XV Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade do Concello de Arteixo exploraremos as causas e consecuencias do clima de posverdade, e as oportunidades e retos que supón o proceso de construción dixital das opinións.

PERSOAS DESTINATARIAS

A Xornada técnica está dirixida a persoas traballadoras do ámbito social e da comunicación, técnicas de servizos sociais en concellos e entidades sociais, docentes, educadoras, estudantes e todas aquelas interesadas nos fenómenos emerxentes do discurso do odio, os delitos de odio e a intolerancia online.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

O xoves 26 de outubro, terá lugar a Xornada técnica para o público inscrito, no Centro Sociocultural de Meicende (Travesía de Meicende 132. 15140 Arteixo – A Coruña).

venres 27 de outubro, terán lugar as sesións didácticas para o alumnado dos IES Manuel Murguía e Pastoriza.

INSCRICIÓN

  • A inscrición poderase facer a través da web ou vía e-mail:

WEB (pinchando aquí): cubrir o formulario de inscrición da web e, nos casos dos/as estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas, adxuntar a tarxeta de estudante escaneada, a tarxeta de demandante de emprego ou o xustificante de pensión/xubilación, segundo corresponda.

E-MAIL (comunicacion@ecosdosur.org): enviar todos os datos do formulario de inscrición no e-mail e, nos casos dos/as estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas, adxuntar a tarxeta de estudante escaneada, a tarxeta de demandante de emprego ou o xustificante de pensión/xubilación, segundo corresponda.

  • Nº de conta para facer o ingreso da inscrición:

“la Caixa” – ES76 2100 2725 2802 0003 4085

  • No concepto do ingreso especificar “Xornada” e o nome e apelidos da persoa inscrita. A inscrición non estará debidamente formalizada ata que non se faga dito ingreso.
  • No caso de superarse o aforo da Xornada técnica e realizarse o ingreso, comunicaráselle ao/á interesado/a e farase a devolución inmediata do mesmo.
  • Prezo inscrición: 10,00 eur. [6,00 eur. para estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas que o acrediten]. Inclúe xantar intercultural.
  • Capacidade limitada de 100 PRAZAS [imprescindible inscrición].
  • Data límite de inscrición: Luns 23 de outubro de 2017.