CHÁMANOS: 881 965 692   ou   ENVÍANOS UN EMAIL: ong@ecosdosur.org

INFORMACIÓN XORNADAS 2018

PRESENTACIÓN

A mocidade non é soamente o futuro: é o presente! Nas persoas máis novas atópase a clave da convivencia intercultural, e as súas experiencias poden dar respostas innovadoras ao desafío da diversidade nas sociedades complexas. Ao mesmo tempo, a infancia e a mocidade migrante ou racializada pode ser vítima  de conflito cultural, problemas de identidade, discriminación e desarraigamento que xeren un porvir de incomprensión e rexeitamento.

  • Como poden colaborar as escolas e as organizacións sociais para desenvolver estratexias educativas de relación intercultural  que impliquen á mocidade e á infancia?
  • Como podemos alimentar o encontro creativo entre os/as máis novos/as?
  • Que poden facer as cidades e os barrios para alimentar unha contorna acolledora para a infancia diversa?
  • Cales son os achados das novas formas de activismo identitario que está a construír a mocidade racializada?

Nas XVI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade do Concello de Arteixo aportaremos material para a reflexión ao redor destas cuestións, abrindo un debate participativo en torno as oportunidades e retos que nos achegan as identidades diversas. Abordaremos a situación da mocidade migrante ou racializada e das identidades compartidas (as mal chamadas segundas e terceiras xeracións), desde o punto de vista educativo, comunitario, do activismo e da afirmación persoal, coñecendo algunhas das experiencias máis exitosas de convivencia e participación a nivel autonómico e nacional.

PERSOAS DESTINATARIAS

A Xornada técnica (4 de outubro) está dirixida a profesionais e estudantes do ámbito social e da educación: persoal técnico de servizos sociais en concellos e entidades, docentes, educadores/as, psicólogos/as, alumnado de FP e Universidade e todas aquelas persoas interesadas. Para asistir á xornada técnica é imprescindible inscrición previa.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

O xoves 4 de outubro, terá lugar a Xornada técnica para o público inscrito, no Centro Sociocultural de Meicende (Travesía de Meicende 132. 15140 Arteixo – A Coruña).

xoves 11 de outubro, terán lugar as sesións didácticas para o alumnado dos IES Sabón, Manuel Murguía e Pastoriza.

INSCRICIÓN

  • A inscrición poderase facer a través da web ou vía e-mail:

WEB (pinchando aquí): cubrir o formulario de inscrición da web e, nos casos dos/as estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas, adxuntar a tarxeta de estudante escaneada, a tarxeta de demandante de emprego ou o xustificante de pensión/xubilación, segundo corresponda.

TICKETEA (pinchando aquí): comprar entradas e, nos casos dos/as estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas, enviar un e-mail a comunicacion@ecosdosur.org coa tarxeta de estudante escaneada, a tarxeta de demandante de emprego ou o xustificante de pensión/xubilación, segundo corresponda.

E-MAIL (comunicacion@ecosdosur.org): enviar todos os datos do formulario de inscrición no e-mail e, nos casos dos/as estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas, adxuntar a tarxeta de estudante escaneada, a tarxeta de demandante de emprego ou o xustificante de pensión/xubilación, segundo corresponda.

  • Nº de conta para facer o ingreso da inscrición:

“la Caixa” – ES76 2100 2725 2802 0003 4085

  • No concepto do ingreso especificar “Xornada” e o nome e apelidos da persoa inscrita. A inscrición non estará debidamente formalizada ata que non se faga dito ingreso.
  • No caso de superarse o aforo da Xornada técnica e realizarse o ingreso, comunicaráselle ao/á interesado/a e farase a devolución inmediata do mesmo.
  • Prezo inscrición: 10,00 eur. [7,00 eur. para estudantes, persoas en paro ou pensionistas/xubiladas que o acrediten]. Inclúe xantar intercultural.
  • Capacidade limitada de 100 PRAZAS [imprescindible inscrición].
  • Data límite de inscrición: Martes 2 de outubro de 2018.